
Obra Social «La Caixa»
04/11/2025
Un día diferente para comezar Decembro.
01/12/2025Este mes de novembro cúmprense 25 anos dende que o Centro Ocupacional abriu as súas portas.
Tras un longo percorrido, e grazas a todas as persoas que nos acompañaron dende o inicio, hoxe podemos celebrar un camiño compartido que nos levou ata aquí.
Ao longo destas dúas décadas e media, tanto o equipo profesional como as persoas usuarias fixeron posible que o Centro se convertese no que é hoxe: un espazo consolidado, de referencia na comarca e cheo de vida, aprendizaxe e oportunidades.
Chegado este aniversario, queremos recoñecer e expresar o noso agradecemento:
Ás persoas usuarias, verdadeira esencia do Centro, que nos ensinan, nos motivan e nos axudan a medrar profesional e humanamente.
Ás familias, pola confianza depositada e por permitirnos formar parte do día a día dos seus fillos e fillas, sen ese apoio constante, este proxecto non tería sido posible.
Ao equipo profesional, pola entrega, a dedicación e o compromiso que manteñen vivo o espírito do Centro.
Á comunidade, entidades e colaboradores, que impulsan e reforzan cada iniciativa, permitindo que o noso labor chegue máis lonxe.
A todas as persoas que nos seguen e acompañan, tanto de preto como a través das redes, polo seu apoio continuo e por darlle visibilidade ao traballo que realizamos.
Seguimos construíndo futuro xuntos.












