
Comenzamos a semana ca nova temporada do invernadeiro
29/09/2025
Esta mañá visitamos o @ecoagrocastrelo onde nos ensinaron como sementan, como plantan, os seus invernadeiros..
10/10/2025Esta mañá tivemos o pracer de visitar as instalacións do Verín Club de Fútbol, onde asinamos un convenio de colaboración que permitirá seguir creando espazos de encontro, convivencia e participación para os nosos usuarios.
Foi unha xornada chea de emoción, alegría e bo ambiente, na que puidemos coñecer de preto o día a día do club e compartir experiencias inesquecibles.
Desde a Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín agradecemos ao Verín C.F. a súa acollida e a súa disposición para colaborar con nós.










